O noso día, o das nosas letras, o da nosa lingua. Ogallá que entre todas e todos poidamos preservala
Unha lingua, unha fala.
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
venres, 20 de maio de 2022
Festival día das Letras Galegas 2022
Hoxe celebramos o noso día, o día da nosa lingua, esperamos e desexamos que sexa por moitos anos máis!
Ata sempre e como dicimos sempre: "Feixes de apertas e bicos... a moreas!"
domingo, 1 de maio de 2022
Os Maios 2022
Resumo en imaxes da Festa dos Maios 2022 na nosa escola e no CCD de Sanxenxo que organizou esta festa tradicional cada ano como sempre!
Feixes de apertas e bicoa a moreas!
Ata o 2023. Esperámosvos!
luns, 28 de febreiro de 2022
Entroido 2022
Na nosa escola e pensando sempre na seguridade do alumnado tendo en conta que non se poden mesturar ao alumnado entre aulas e que non se debe sobrepasar o número de asistentes, decidimos facer o Entroido 2022 deste xeito unha vez máis. Desexamos que o vindeiro no 2023 poidamos celebralo saíndo á rúa e que este sexa o derradeiro entroido nesta situación.
Saúde para todas e todos.
Feixes de apertas e bicos.... a moreas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)