Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 22 de decembro de 2020

Nadal 2020

Este vídeo recolle nunha cápsula do tempo, as costumes que celebramos en Galicia polo Nadal, cando nun futuro atopen a cápsula, coñecerán o que pasou no Nadal do 2020.

Feixes de apertas, bicos a moreas e sentidiño a raudales!