"Tanto dá dar no cu como no cu dar"
Pedro Alberto Padín Solla recollido da súa avóa Juana Sueiro Otero (Bordóns 1919)
A nosa lingua, a túa lingua, a lingua de todas e todos! O galego é túa lingua, a dos teus pais e a dos teus avós, a dos teus devanceiros, e polo tanto será a das túas fillas e fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos fillos.
A nosa lingua
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
Pico pico, mazarico
ResponderEliminarQuén che deu tan largo pico
Deumo Dios e meus pecados
Para picar o pan nos agros
Piquei e repiquei
E sete grauciños apañei
Leveinos ao muiño
E o muiño a moer
E os ratiños a comer
Agarrei un polo rabo
E leveino ao mercado
¿E canto che deron por el?
Sete pesos e un porco cebado
A Iago Esteban, de 5º, cóntallo a súa avoa Carmela