Hoxe celebramos o noso Festival das Letras Galegas 2024, na primeira sesión actuou o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Todo un éxito de público cun salón de actos cheo ata a entrada principal. Grazas por vir!
A nosa lingua, a túa lingua, a lingua de todas e todos! O galego é túa lingua, a dos teus pais e a dos teus avós, a dos teus devanceiros, e polo tanto será a das túas fillas e fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos fillos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario