Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 15 de maio de 2021

Día das Letras Galegas

Na escola seguimos traballando as nosas costumes, a nosa lingua e a nosa cultura. 
Este ano decidimos recoller verbas fermosas e expresións populares do noso idioma e plasmalo nunhas camisolas, lucilas e amosalas. 
Tamén lembramos a autora Xela Arias, que este ano é ela a homenaxeada polas Letras Galegas 2021.


Feixes de apertas e bicos a moreas!

venres, 14 de maio de 2021

#DígochoEu IV

Deixámosvos o Volume IV da serie.

Foi unha experiencia moi positiva e que gustou moito a todas e todos.

Repetiremos!


Bicos a moreas!

#DígochoEu III

Deixámosvos o Volume III da serie.

Foi unha experiencia moi positiva e que gustou moito a todas e todos.

Repetiremos!

Bicos a moreas!

#DígochoEu II

Deixámosvos o Volume II da serie.

Foi unha experiencia moi positiva e que gustou moito a todas e todos.

Repetiremos!

 

Bicos a moreas!

#DígochoEu I

Dende o EDLG da escola e coa axuda de todas e todos, comezando polas familias, o alumnado e as mestras e mestres, fixemos catro vídeos coa recolleita de frases e expresións correctas e incorrectas na nosa lingua para mellorar e aprender doutro xeito. Deixámosvos o Volume I da serie.

Foi unha experiencia moi positiva e que gustou moito a todas e todos.

Repetiremos!

 

Bicos a moreas!

sábado, 1 de maio de 2021

Maios 2021

Maio alternativo, coa pandemia non podemos coller os materiais precisos, nin manipular de xeito compartido os mesmos. 

Pero si puidemos de xeito individual facelo con papel e logo montalo por separado.

Non perdamos as nosas tradicións nin sequera polo COVID. 

Todo sairá ben!