Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 28 de xaneiro de 2017

Día da Paz

Xosé Neira Vilas escribiu este fermoso poema que fala da Paz e da convivencia entre  todas as persoas, sexan da raza que sexan e teñan a relixión que teñan.

CANTARELA DOS NENOS

Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.

Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.

Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistad.

Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.