Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

luns, 25 de decembro de 2017

Nadal 2017 na escola. II parte

Tócanos a nós! Ás rapazas e rapaces de Primaria, para que teñades un Bo Nadal e disfrutedes das nosas Panxoliñas. Ollade como o pasamos.


Agora teremos que pedirlle aos Reis de Oriente unha boa cámara de fotos e vídeo, para os grandes eventos, pois estas xa non dan máis de si.

Feliz Ano 2018

Bicos a moreas!


Que compre unha nova o Director!


sábado, 23 de decembro de 2017

Nadal 2017 na escola

Primeiro abriron o festival os máis cativos. 


A película do festival é tan longa que tivemos que partila en dúas partes. Agora teremos que pedirlle aos Reis de Oriente unha boa cámara de fotos e vídeo, para os grandes eventos, pois estas xa non dan máis de si.

Feliz Ano 2018

Bicos a moreas!

domingo, 3 de decembro de 2017

Encontro de trompos e buxainas

Este xoves 30 xuntáronse as escolas do Concello de Sanxenxo e coa participación dunha representación de alumnas e alumnos participaron na nos encontros de trompos. Unha vez máis con diferentes modalidades e premios que proporcionou a Concellería de Cultura e Educación de Sanxenxo, representada por Dona Paz Lago Martínez, á cal lle temos que agradecer o seu apoio e traballo en prol das nosas costumes e tradicións.

Grazas a todas e todos e ata o vindeiro campionato.



Bicos a moreas!