Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

mércores, 28 de novembro de 2018

Non á violencia de xénero!




O máis importante queda no corazón e na alma de cada un de nós, así este día nenas e nenos non esquecerán que o respeto á muller, avoa, nai, filla, amiga, veciña, compañeira, irmá... muller. Comeza dende ben pequenos. Non máis violencia.

 









Bicos a moreas!


xoves, 22 de novembro de 2018

Magosto 2018

Fixemos unha montaxe coas fotos que sacamos na festa do Magosto na escola, as alumnas e alumnos de 5º A e B coas cámaras do obradoiro de fotografía. Incluímos os vídeos da cámara da escola, pero está claro que debemos comprar algunha cámara de vídeo nova. 😀


Esperamos que vos gustase. Xa sabedes. 

Bicos a moreas.