Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 17 de febreiro de 2018

martes, 6 de febreiro de 2018

Mensaxes pola Paz nunha botella


Ogallá algún día a Paz sexa unha realidade e non un desexo. 
Para todas as nenas e nenos que por desgraza "viven" inmersos na guerra.

Bicos a moreas!


luns, 5 de febreiro de 2018

Día da Paz na escola

O martes 30  celebramos xuntos no patio o Día da Paz cantando a versión en galego da canción de Roberto Carlos "Un millón de amigos".





Bicos a moreas!