Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 21 de decembro de 2019

Festival Nadal Infantil e 1º Ciclo

Un ano máis as nenas e nenos da escola celebraron o festival de Nadal, con danzas, panxoliñas, obras de teatro e actuacións diversas.

Bo Nadal e Feliz 2020



Bicos a moreas!

Festival de Nadal do 2º e 3º Ciclo

Agora podedes ver as actuacións das alumnas e alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º. 
Grazas a todas e todos.


Bon Nadal e Feliz 2020.

domingo, 24 de novembro de 2019

Samaín 2019

Celebramos o Samaín, e como daban choiva para moitos días, decidimos facer o Magosto e quitar o frío cunhas castañas quentes. Pasámolo xenial!

 

Bicos a moreas!

xoves, 4 de xullo de 2019

Migallas en concerto



Grazas a ANPA da nosa escola que nos fixo este agasallo polos 50 anos de escola. 
Bicos a moreas!

venres, 17 de maio de 2019

Arume na Escola A Florida



Nestes 50 anos, pasamos por moitas e despois de unhas poucas primaveras enriba, algúns veciños e veciñas seguen levando a música popular no seu corazón. Grazas aos membros de Arume que deleitaronnos cun concerto das nosas cantigas, en prol da nosa cultura e da nosa lingua, polos 50 anos feitos, moitos deles son pais e nais de alumnos e algún avó tamén hai.
Milleiros de grazas. Esperámosvos no 75 aniversario. 
Bicos a moreas!



domingo, 10 de marzo de 2019

Danzas do Entroido 2019

Unha pequena mostra do traballo de todas e todos. Grazas por asistir e grazas a ANPA por colaborar.



Bicos e apertas a moreas!

Entroido 2019

Celebramos o Entroido na escola, aquí un resumo das imaxes que tomaron as alumnas e alumnos coas cámaras da escola no obradoiro de fotografía e logo a respectiva montaxe.

Estamos traballando nos vídeos das danzas e o desfile.


Bicos a moreas e feixes de apertas!


domingo, 3 de febreiro de 2019

Día da Paz

30 de xaneiro día da Paz, celebrámolo bailando danzas de distintos países para coñecer as costumes doutras terras. Logo estivemos na proxeción de distintas curtametraxes e películas, referentes aos valores sociais e á conciencia da Paz como eixo vertebrador dun mundo mellor.



Bicos a moreas!


mércores, 9 de xaneiro de 2019

Nadal 2018 Infantil e 1º Ciclo


Xa estamos no 2019, estivemos traballando na montaxe do video, e aquí está a primeira parte:





Bicos a moreas!