Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

domingo, 14 de febreiro de 2021

Entroido 2021

O Entroido, Entruido ou Antroido en Galicia ten un compoñente ancestral, moito antes ca o Carnaval doutros lares. Por iso é a nosa obriga recuperalo, transmitilo e preservalo.
Grazas a toda a comunidade educativa, alumnado e mestras/es que fixeron nesta “época” un gran traballo.
O vindeiro ano repetiremos, pero desexamos que sexa aberto ás familias e ao público. Esperámosvos! Sentidiño e ánimo.


Feixes de apertas e bicos a moreas!

mércores, 3 de febreiro de 2021

Día da Paz e a Non Violencia

Polo día da Paz andivemos liados coas nosas cousas, transmitindo normalidade dentro da situación actual. As nenas e nenos sempre agradecerán momentos como este. 

Concienciar e educar no respeto, a non violencia e a Paz. 

Grazas a todas e todos. 

 

Bicos a moreas e feixes de apertas. 

Sentidiño, máscara na faciana e hixiene de más!