Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

luns, 13 de abril de 2020

Os limpamundos

Neste periodo de clausura ou confinamento, lembrade escoitar música da nosa terra, ler en galego (e en calquera dos outros idiomas), axudar na casa, etc...
Ben se mirades este vídeo podedes facer todo eso e máis!



Feixes de apertas e bicos a moreas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario