Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, queremos facer un Booktube entre todas e todos dende as nosas casas, para recomendarvos unha serie de libros que nos gustaron e dende aquí decirvos a todas e todos que axíña nos veremos!



Feliz Día do Libro confinado!
Feixes de apertas e bicos a moreas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario