Unha lingua, unha fala.

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....

O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.

Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 12 de setembro de 2015

Benvidas e benvidos!


Ola! este curso nace o Blogue do Equipo de Dinamización do Galego na nosa escola. Pretendemos con este traballo recoller todo o que se ven facendo nas diferentes aulas da escola durante os cursos escolares en prol da nosa lingua. Traballos feitos polos vosos fillos e fillas para que disfrutedes dos mesmos e poidades ver polo ventanuco como vai o seu desenrollo educativo.
Esperamos a vosa colaboración.

E.D.L.G.

martes, 1 de setembro de 2015