A nosa lingua

Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”.... Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

venres, 14 de maio de 2021

#DígochoEu I

Dende o EDLG da escola e coa axuda de todas e todos, comezando polas familias, o alumnado e as mestras e mestres, fixemos catro vídeos coa recolleita de frases e expresións correctas e incorrectas na nosa lingua para mellorar e aprender doutro xeito. Deixámosvos o Volume I da serie.

Foi unha experiencia moi positiva e que gustou moito a todas e todos.

Repetiremos!

 

Bicos a moreas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario