A nosa lingua, a túa lingua, a lingua de todas e todos! O galego é túa lingua, a dos teus pais e a dos teus avós, a dos teus devanceiros, e polo tanto será a das túas fillas e fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos fillos.
A nosa lingua
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
mércores, 28 de novembro de 2018
xoves, 22 de novembro de 2018
Magosto 2018
Fixemos unha montaxe coas fotos que sacamos na festa do Magosto na escola, as alumnas e alumnos de 5º A e B coas cámaras do obradoiro de fotografía. Incluímos os vídeos da cámara da escola, pero está claro que debemos comprar algunha cámara de vídeo nova. 😀
Esperamos que vos gustase. Xa sabedes.
Bicos a moreas.
venres, 2 de novembro de 2018
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)